Sanidade comezou hoxe a chamar ós maiores de 80 anos de Ourense para iniciar a vacinación o luns

O equipo de citación especial para a vacinación fronte a Covid19, que ven de poñerse en marcha na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, iniciou hoxe a citación dos 32.626 ourensáns e ourensás de mais de 80 anos, para vacinalos a partir do próximo luns, día 22, simultaneamente nos 20 centros de saúde que acollerán esta  campaña en toda a provincia.

Os chamamentos arrancaron esta mañá polas persoas con apelidos que comezan pola “H”, letra elixida por sorteo ante notario na Consellería de Sanidade a pasada semana, e seguirán a orde alfabética, ata completar a citación deste importante sector de poboación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con anterioridade ao día da cita de vacinación, o primeiro contacto cos usuarios será realizado telefonicamente polo equipo de citación especial. Unha vez fixada a data, as listaxes de usuarios e usuarias citadas estarán a disposición do persoal médico e de enfermaría do seu centro de saúde de orixe.

A vacinación desde colectivo de risco, supón o 12% da poboación de Ourense, 36.529 persoas. Segundo as previsións de vacinación por servizos de Atención Primaria, o do Carballiño, será o de maior poboación, con 2.968 persoas e o de Ribadavia 1.893 persoas.