Espazo Común pide información polo gasto de 115.000 euros na partida de festas no 2020

A zona de proxección será na Praza Maior da vila.

A formación de Espazo Común recorda que o pasado ano foi o máis complicado para a sociedade. Fan referencia ós confinamentos, peches, medo, falecementos e crise económica. A formación critica algúns puntos no avance da liquidación do orzamento do pasado ano.

Publicidade

Destacan dende Espazo Común que un dos máis chamativos é o que fai referencia aos cartos gastados das partidas adicadas a festexos. Aseguran que esta partida conta cun gasto de 115.000 euros.   

Recordan que das axudas comprometidas para o comercio, hostalería e autónomos, a  día de hoxe, só saíron das arcas municipais 142.000 €.

Aseguran que non entenden como se fixo este gasto sen Setembro, sen Entroido de Verán, sen Festa do Pulpo, sen Feira Medieval ou sen Festa das Parroquias.

A formación vai a rexistrar un escrito urxente pedindo acceso a todas e cada unha das facturas imputadas a esas partidas.