Mozos de Beariz denuncian o uso do pavillón por un grupo de scouts

A denuncia corresponde co uso do pavillón polideportivo e do parque infantil do CEIP de Beariz por parte dos scouts ao rematar a súa peregrinación. O concello mantén pechado o recinto fóra do horario de atención do servizo pola celebración de botellóns e a acumulación de lixo e danos.

Publicidade

A denuncia fíxose pouco despois de que o grupo de peregrinos se instalase no pavillón para pasar a noite logo de ter o permiso ratificado polo alcalde.

Á chegada, a patrulla da Garda Civil de Leiro comprobou o bo comportamento dos exploradores e ratificou que a denuncia non tiña lugar.