A Mostra de Teatro de Ribadavia lamenta o recorte na subvención da Deputación

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, conta cun apoio crecente das institucións públicas nos últimos anos, por exemplo do INAEM-Ministerio de Cultura, que pasou de 51.000€ a 64.000€ a pasada edición de 2020, colocándose como a administración que máis apoio económico achega ao festival.

A previsión para esta edición de recuperación económica, social e turística deste 2021 presenta hoxe este duro revés, ao anunciar a institución provincial a decisión de recortar en 5.000 euros as súas axudas para a 37ª edición deste prestixioso símbolo cultural de Ourense, apoiando cunha subvención de 30.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a MIT e dende o Concello de Ribadavia solicitarán unha mellora e rectificación desta decisión de última hora, que califican coma “triste e incomprensible”.