A Valedora do Pobo remite de novo á Consellería de Educación o expediente aberto da Escola Nova de Punxín

Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia,  recibe do valedor do Pobo a confirmación da iniciación do expediente de queixa, ante a falla de transparencia do Goberno local de Punxín, en relación coa tramitación da extinción da Fundación Benigno Quiroga.

Esta nova acción, segundo o voceiro, desenrólase en defensa dos dereitos dos cidadáns, e serve para“ estreitar o cerco” a un proceso de extinción que afirma que dista moito de ser aclarado polas administracións. Aseguran que proba desta situación é a negativa da Consellería a responder a solicitude do informe que pide o Valedor do Pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Eladio Fernández asegura que ante a negativa a emitir o Informe a Valedora volve remitir escrito a Consellería de Cultura, Educación e Universidades.

Como concelleiro de CxG en Punxín, Eladio Fernández estima que é de xustiza o inicio deste expediente aberto, xa que este proceso de extinción asegura que foi tramado para acabar coa Fundación e o patrimonio dos veciños de Punxín.