Comunicado de Prosagap sobre denuncia ante a Valedora do Pobo

Nota que nos pasa a delegada sindical de Prosagap para publicación.

Son enfermeira do Servizo de Reanimación do CHUO.
O 30 de abril de 2020 presentamos unha denuncia ante a Valedora do Pobo polo deficiente ratio de persoal no Servizo de REA, respecto as elevadas cargas de traballo asumidas.
Naquel momento a resposta que lle deu a Dirección de Enfermería á Valedora faltaba á realidade diaria do noso traballo, e aseguraban que os doentes ao noso cargo pertencían á Clase II da escala TISS 28.
Sen embargo non contaban con que o persoal de Enfermería do Servizo de REA estaba a valorar aos pacientes con dita escala TISS 28, cuantificando a gravidade dos mesmos dende febreiro a setembro, agás no Estado de Alarma.
Eses datos foron enviados semanalmente ao Responsables do Servizo de Reanimación do CHUO e á Valedora do Pobo, demostrándose que o 80.93% dos doentes alí ingresados pertencían á Clase III.
En Xaneiro de 2021 a Responsable de Sanidade da Valedoría do Pobo, contactou telefónicamente conmigo, para preguntarme cal seguía sendo a nosa situación, decidindo abrir un novo Expediente para solicitar á Administración datos que contrastar cos que nós lle aportamos.
Por todo isto, solicitaría que lle deran difusión no seu medio, para tratar de visibilizar a nosa realidade, pois os vídeos grabados polo Gabinete de Información do CHUO, so reflexan o noso traballo cando estamos ben dotados, pero isa non é a norma, máis ben é a excepción

AVANTAR ACTIVIDADES

alegaciones valedora do pobo

reclamación dotacion rea220221