O Ribeiro mantén a situación da pandemia estable, sen apenas variacións

Ribadavia presenta hoxe 5 casos activos, un menos ca onte. A situación da capital da comarca é positiva, aínda que representa a cifra máis alta destes concellos. Séguenlle Leiro e Cortegada, con tres casos cada un. No caso de Leiro mantén estable a cifra dos últimos días e Cortegada sobe un caso. Avión baixa hoxe dous casos, para contar con dous contaxios. Arnoia, Beade, Cenlle e Melón contan cun caso cada un. Todos manteñen a mesma cifra de onte salvo Arnoia, que onte estaba libre de covid e hoxe pasa a un contaxio. Carballeda de Avia e Castrelo de Miño mantéñense libres de coronavirus.

Publicidade