O Carballiño mantén 11 casos activos. Catro concellos da comarca están xa libres de coronavirus

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 21, unha cifra que se reduciu esta fin de semana polo descenso de varios concellos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, hoxe os datos manteñen a mesma cifra de onte, con 11 casos activos. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro.  

Boborás é o concello que lle segue con máis casos. Hoxe mantén tamén a mesma cifra de onte, con seis casos activos. San Cristovo de Cea é o seguinte, con dous casos activos, un menos ca na xornada de onte. Maside e Punxín manteñen un caso activo cada un, igual ca esta fin de semana. Beariz, O Irixo, Piñor e San Amaro están libres de coronavirus.