52 novos vehículos renovan a frota da Deputación

Presentación de vehículos do Parque de Maquinaria, para servicio das brigadas da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidenta da Deputación Ourense) acompañados por Pablo Pérez Pérez (Deputado Provincial de Cooperación) e José Fírvida Rodríguez.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe a nave de maquinaria da institución provincial, no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, para asistir á recepción de 52 novos vehículos que renovan a frota do parque móbil da Deputación “e que contribuirán a mellorar os servizos que ofrecemos a concellos e veciñanza en todo o territorio provincial”, destacou Manuel Baltar. Os novo vehículos, adquiridos por medio da modalidade de renting, son de baixa contaminación e están integrados no programa estratéxico de mellora continua de renovación da frota que a Deputación vén impulsando desde 2012 para seguir mellorando a eficiencia e as condicións de traballo. 

O presidente do goberno provincial salientou que tanto o servizo de mantemento de vías provinciais como todos os demais que a Deputación desenvolve cooperando cos concellos “supoñen un compromiso de identificación co territorio por parte desta administración provincial, como tamén o é o feito de dotar de máis medios e recursos ao persoal, neste caso cunha flota de novos vehículos que van contribuír a mellorar as prestacións da Deputación”. Isto é unha consecuencia directa do estado económico da institución, con “débeda cero”, “que nos permite facer estas achegas, estas adquisicións, que teñen como obxectivo a mellora permanente dos nosos servicios”, expresa Baltar. 

AVANTAR ACTIVIDADES