A Policía Local e Garda Civil realizan máis de 400 operativos de control das medidas nesta semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu na mañá de hoxe a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia, que avaliaron o traballo realizado na última semana polas forzas e corpos de seguridade para controlar o cumprimento das medidas ditadas polo Goberno autonómico.

O subdelegado do Goberno informou de que, dende o pasado día 24 de febreiro e ata o 3 de marzo, a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 412 operativos de vixilancia na provincia de Ourense. En total, foron identificadas 4.950 persoas, controláronse 3.888 vehículos e formuláronse 232 propostas de sanción.

No encontro tamén se realizou un balance dos primeiros días en vigor das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia vixentes dende o pasado 26 de febreiro, especialmente no referido ao Plan de Hostalaría Segura, que pasou a ser o principal obxectivo do traballo que realizan coordinamente na provincia Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e as Policías Locais dos distintos concellos. Así, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado colaboraron nas labores de control realizando 310 inspeccións a establecementos de hostalaría na provincia.

Emilio González destacou o traballo realizado polos distintos corpos e forzas de seguridade para asegurar o cumprimento das restricións fixadas polas autoridades sanitarias, coas que se trata de garantir a saúde das ourensás e dos ourensáns, e apelou á cidadanía a “seguir actuando con responsabilidade e cumprindo a normativa establecida para continuar freando a transmisión do virus na provincia”.