A deputada provincial Patricia Torres asiste a clausura da XVIII edición do Curso de Extensión Universitaria de Medios Audiovisuais de Celanova.

IES CHAMOSO LAMAS

A deputada de Cultura e Produccións Audiovisuais, Patricia Torres, asistiu onte pola mañá ó acto de clausura da XVIII edición do Curso de Extensión Universitaria de Medios Audiovisuais de Celanova. Este programa formativo celebrouse esta semana baixo o lema “Cinema no bisturí: Deconstruíndo o audiovisual galego actual”, e está promovido pola Deputación de Ourense, o Concello de Celanova, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Fundación Carlos Casares, ademais da colaboración da Xunta de Galicia a través de Agadic.

Na súa intervención, Patricia Torres destacou a importancia deste tipo de iniciativas coa implicación da Deputación de Ourense que ten unha forte aposta polo sector e pediulle os participantes que elixan a nosa provincia para os seus traballos deste ámbito, porque é toda ela un plató de cine e televisión espectacular”.

HIPER MASIDE

Nesta xornada de clausura tamén acompañaron ós alumnos participantes, entre outros, o alcalde de Celanova, Antonio Puga; os responsables do CeMAC, Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez ou o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares.