Datos España
O número de desempregados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego ao finalizar febreiro incrementouse en 44.436 persoas en relación co mes anterior. Isto supón o maior aumento nun mes de febreiro desde 2013.
Este aumento coloca o número de parados no conxunto de España superando a barreira dos 4 millóns, algo que non ocorría desde 2016. Na actualidade hai 4.008.789 persoas rexistradas como demandantes de emprego.
A Seguridade Social perdeu nos últimos 12 meses 290.000 afiliados.
Aumenta o número de persoas en ERTE, máis ou menos, en febreiro a cifra achégase ás 910.000 persoas, mintas que o último día deste mes rexistrábanse 899.383 persoas baixo esta medida de protección do emprego.
Datos Galicia
Galicia é unha das 3 comunidades autónomas nas que baixou o paro en febreiro, xunto con Estremadura e País Vasco.
Isto continúa a tendencia do mes anterior, pero o descenso non alcanza as 3.603 persoas que baixou en xaneiro na comunidade, senón que queda en 756, un 0,41% con respecto ao mes anterior.
O total de desempregados na comunidade galega sitúase, con esta baixada, en 185.228 persoas; 18.999 máis que en febreiro de 2020, o que significa un aumento interanual do 11,43%.
Febreiro péchase en Galicia con 46.665 empregados en ERTE, un 67% máis que en xaneiro, aumento propiciado polas restricións asociadas á terceira onda da pandemia.
En canto ás afiliacións á Seguridade Social, Galicia conta ao peche de febreiro con 994.029 afiliacións, 1.692 máis que o mes anterior, o que supón un aumento do 0,17%. Se esta comparación realízase anualmente, a afiliación sufriu en Galicia un descenso do 1,81%.
Datos Ourense
En Ourense o paro descendeu en 285 persoas en febreiro con respecto ao mes anterior, alcanzando un paro rexistrado de 20.496 persoas.
Isto supón un descenso do 1,37%, a variación porcentual máis alta das provincias e da media galega (-0,41%), seguida por Lugo (-0,58%), A Coruña (-0,37%) e Pontevedra (-0,12%).
Ourense rexistra no último día do mes de febreiro un total de 4.467 ERTE activos, dos que 1.836 corresponden a homes e 2.631 a mulleres. Esta cifra supón un aumento do 66% con respecto aos ERTE do mes anterior (2.996).
A provincia contabiliza ao peche de xaneiro con 100.090 afiliados á Seguridade Social, 29 máis que o mes anterior.
COMENTARIOS
Galicia figura un mes máis como unha das 3 comunidades en España nas que descende o paro e apártase así da tendencia nacional, que rexistra un aumento considerable do paro. Con todo, esta baixada do paro é moito máis feble que a do mes anterior, e por suposto, insuficiente para colocar á comunidade nos niveis previos a esta crise, pois hoxe hai case 19.000 persoas máis en paro que no mes de febreiro do ano pasado, o último mes que lembramos sen restricións en canto a actividade económica e a mobilidade.
A pesar deste tímido descenso do paro, a situación segue sendo complicada, sobre todo para os sectores que sufriron e seguen facéndoo, as restricións derivadas da terceira onda da pandemia.
A pesar de que os ERTE están a protexer parte do emprego afectado polas restricións, as medidas anticovid e a crise en xeral, fan falta máis apoios directos ás empresas e autónomos para garantir a súa supervivencia.
É tamén imprescindible acelerar o ritmo de vacinación para abrir a mobilidade, fomentar o turismo e o consumo, e xerar con iso unha reactivación da economía en xeral. A crise está a resultar demasiado longa e esgotadora e está a poñer a proba a determinados sectores sobre os que se cebou e que están a agonizar. A solución está preto, pero insistimos en que todos os esforzos agora mesmo teñen que estar no calendario de vacinación e, de maneira paralela, na articulación de políticas activas de emprego e o deseño de proxectos transformadores para optar aos fondos europeos.