Ourense retoma a tendencia á baixa e mantén os mesmos ingresos en planta e na UCI

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 161 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 4.453. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 93 (-5) persoas na UCI, e 355 (-20) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras volve a estabilidade e o descenso logo do repunte de onte. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 7 casos, ata os 277 casos totais. Os hospitais presentan as mesmas cifras de onte, contando con 34 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES