Boborás pasará o próximo luns a nivel máximo de restricións

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do subcomité clínico.

O comité clínico poñía a Boborás no nivel 2 de restricións dende hoxe venres. o cambio que supoñía era que a hostalaría non podía servir en interior e quedaba pechada perimetralmente. Estas medidas estaban enfocadas en paliar o brote orixinado esta semana e que deixaba as cifras do martes duplicadas o mércores, con 14 casos activos.

Publicidade

O comité reuniuse hoxe de novo e tomou a decisión de que Boborás pasará ó nivel máis alto de restricións dende o próximo luns. Isto supón as seguintes medidas restritivas:

  • Peche perimetral a excepción de causas sanitarias, educativas e laborais. E tamén se permitirá a saída por causas d eprimeira necesidade coma bancarias ou de supermercado, con servizos cos que Boborás non conta no seu perímetro.
  • Prohibidas as reunións con persoas non conviventes.
  • Peche total da hostalaría salvo para comidas e bebidas para levar.

PUBLICIDADE