Os hospitais de Ourense reducen a presión en planta, con oito persoas menos ingresadas

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 176 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 4.168. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 89 (-4) persoas na UCI, e 311 (-44) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras volve a estabilidade e o descenso de casos. Hoxe hai 17 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 27 casos, ata os 250 casos totais. Os hospitais presentan cifras máis optimistas, contando con 28 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES