Rosendo Fernández destaca o termalismo como factor diferencial da provincia nunha entrevista en Canal 7TeleValencia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 05 de abril de 2024.

O deputado de Turismo e Termalismo e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, realizou unha entrevista no programa “Valencia en abierto” da canle 7TeleValencia. Neste encontro destacou os catro recursos de cabeceira da oferta turística da provincia que promove a Deputación: natureza, patrimonio, enogastronomía e termalismo, sendo este último o que salientou como o gran factor diferencial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A chegada da Alta Velocidade a Ourense sitúa a esta provincia, dixo, como un dos territorios con mellor conexión ferroviaria do territorio nacional. “Estamos a tan só 2 horas e 15 minutos de Madrid e a menos de 5 horas de Alacante, o que fai máis atractivo o noso destino”, apuntou Rosendo Fernández.

Abondou ademais no traballo que a Deputación de Ourense está a realizar, a través de iniciativas do Inorde, para impulsar os camiños xacobeos que atravesan a provincia.