Castrelo de Miño contará cunha pista de remo para as competicións internacionais

Visita Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), acompañados por Avelino Pazos Pérez (Alcalde do Concello de Castrelo de Miño), José Antonio Ferrerio Ferreiro (Tenente de Alcade e concelleiro de deportes do Concello de Castrelo de Miño), Beatriz Alberte Castiñeiras (Presidenta do Clube Náutico de Castrelo de Miño) e Gabriel Fernández Vázquez (Director-Técnico do Clube Nautico de Castrelo)
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e responsable dos asuntos de cooperación da institución provincial cos concellos da comarca do Ribeiro, César Fernández Gil, visitou esta mañá as instalacións deportivas do parque náutico de Castrelo de Miño, onde a institución provincial investirá 576.000 euros nunha pista de remo que dotará a este complexo cun campo de regatas de categoría internacional, o que permitirá acoller no verán de 2022 a celebración da importante proba europea “Copue de la Jeunesse”. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

César Fernández, acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, comprobou sobre o terreo os detalles do proxecto, que permitirá pasar das seis liñas de competición actuais ás oito que esixe a Federación Internacional de Remo; a instalación dun pantalán de saída con casetas para os xuíces; balizas conforme ás normas internacionais; un posto de chegada de dous pisos tanto para os xuíces como para a acoller a oficina do comité de regatas; e canles de circulación segura para a navegación. Todos estes elementos poderanse retirar da auga unha vez conclúa a tempada de competición, o que facilitará a súa conservación. 

As novas instalacións, destacou César Fernandez “suporán unha importante mellora tanto a nivel funcional como operativo e técnico, reforzando a condición do parque náutico de Castrelo de Miño non só como referente nacional, senón tamén como unhas instalacións punteiras a nivel internacional”. Fernández enmarcou este investimento “na decidida aposta da Deputación de Ourense e do seu presidente, Manuel Baltar, por impulsar o potencial de Castrelo de Miño no ámbito dos deportes náuticos, o que agora se traduce neste importante investimento que nos permitirá acoller en 2022 unha prestixiosa proba europea”. 

Visita Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), acompañados por Avelino Pazos Pérez (Alcalde do Concello de Castrelo de Miño), José Antonio Ferrerio Ferreiro (Tenente de Alcade e concelleiro de deportes do Concello de Castrelo de Miño), Beatriz Alberte Castiñeiras (Presidenta do Clube Náutico de Castrelo de Miño) e Gabriel Fernández Vázquez (Director-Técnico do Clube Nautico de Castrelo)

PUBLICIDADE