O Hospital de Ourense restrinxe as visitas en toda a área de hospitalización

Dada a situación epidemiolóxica na que nos atopamos desde hoxe e co obxectivo de preservar a saúde colectiva, dende a dirección do centro informan de que quedan prohibidas as visitas en toda a área de hospitalización. Tan só se permitirá a presenza do coidador/a principal, sempre que sexa precisa, e no caso da área de pediatría a dos dous proxenitores.

Esta mesma medida estase a aplicar preventivamente xa no Hospital Público de Verín e, desde mañá, implantase no Hospital Público de Valdeorras.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estableceranse medidas de vixilancia pero apelan á responsabilidade e compromiso no cumprimento desta medida, polo ben dos teus e de todos.