Ribadavia entrega os premios do concurso fotográfico do Día da Muller

Onte fixéronse publicas as fotografías gañadoras do Concurso de Fotografía do Día da Muller, organizado polo grupo de goberno anterior en colaboración ca Asociación Fotográfica do Ribeiro. Dende a administración local destacan que foi o ano con maior participación, un total de 93 fotografías, e tamén con maior nivel de técnica fotográfica.

Tanto dende o Partido Popular coma dende o concello deron as grazas a todos os participantes e os parabéns aos gañadores, que foron os seguintes:  

AVANTAR ACTIVIDADES

1º Premio, dotado con 150 euros, para Roberto Milán. Ca fotografía “24 horas”.

2º Premio, dotado con 100 euros, para Alicia Centrón Bernárdez. Ca fotografía “As mulleres rara vez fan historia”.

3º Premio, dotado con 50 euros, para Ángel Atanasio. Ca fotografía “Rincón Bolhão”.

PUBLICIDADE