A Garda Civil detén a un mozo de 27 anos como presunto autor de dez delitos de roubo

IES CHAMOSO LAMAS

A Garda Civil do Carballiño, no marco da operación “Proper”, detivo onte ás 10.30 horas a un mozo carballiñés de 27 anos como presunto autor de dez delitos de roubo con forza ocorridos entre decembro de 2021 e febreiro de 2022, en lavados de automóbiles e atraccións de feira, onde tras forzar caixas incautou as recadacións. O detido ten antecedentes por roubo.