O Carballiño sobe ós 7 casos por covid. Maside sobe ata os 8 e Boborás baixa 3 para un total de 10

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 26 é un índice por 100000 habitantes de 98

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 6 de onte ós 7 de hoxe. O índice por 100000 habitantes de 50

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello con mais casos da comarca e que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 10 positivos, 3 menos ca onte

Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento nesta semana, e que hoxe segue na liña de ascenso, pasando dos 7 ós 8 casos activos. San Cristovo de Cea pasa de non ter ningún caso a seguir con un positivo.

E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE