A Xunta paraliza a administración da vacina de AstraZéneca por 15 días

A Xunta de Galicia suspendeu onte pola noite a administración da vacina de Astrazéneca. Deste xeito, a consellería de Sanidade galega segue a indicación do Ministerio de Sanidade, que anunciaba onte a suspensión do seu uso por prudencia por 15 días mínimo.

Ata o momento, en Galicia non se produzo ningún caso de reacción adversa grave. Polo momento, os síntomas que se detectaron foron trombos. O presidente, Alberto Núñez Feijóo, confía en poder seguir vacinando con Astrazéneca o máis axiña posible.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE