A Cofradía Vera Cruz do Carballiño suspende todas as actividades para a Semana Santa

A Cofradía Vera Cruz do Carballiño cumpre este ano o 14 aniversario do seu nacemento. O ano pasado foron os primeiros en Galicia en tomar a decisión de suspender os actos e celebracións da Semana Santa. Este ano vense na obriga de volver a suspender todas as actividades previstas, tendo en conta a situación sanitaria.

Publicidade

Esta Semana Santa, como afirman dende a Cofradía, será tamén diferente e vivida dende dentro. A pesar de non haber actos, fixeron un cartel baixo o lema  “una mirada a un futuro lleno de luz”, co desexo de que o próximo ano se poidan celebrar as procesións tradicionais.