O Carballiño sobe ós 21 casos. Maside baixa dos 11 ós 8 casos e Boborás mantén dous contaxios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 32, unha cifra que se balancea pola evolución de Maside e do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, hoxe os datos pasan dos 20 casos de onte ós 21, un positivo máis. Os novos contaxios sitúanse en 21 nos últimos 14 días e en 17 nos últimos 7 días. Maside baixa ós 8 casos, tres menos ca onte, establecendo unha tendencia á baixa.

Boborás mantén dous casos activos, a mesma cifra ca onte.

San Cristovo de Cea conta cun positivo. Piñor pasa de ter un positivo a estar libre de coronavirus. E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.