O Psoe acusa á Xunta de non ter feito “absolutamente nada” dende 2014 para reducir a contaminación

 O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao goberno galego de non ter feito “absolutamente nada” para apoiar ás pequenas explotacións gandeiras galegas na redución obrigada de emisións contaminantes provocadas polos xurros. Seco presentou unha pregunta oral na que advertiu que a Xunta leva sete anos sen tomar medidas e “deixando que nos atropelen os problemas”.

Seco apuntou á entrada en vigor do decreto 1078/2014, que obriga aos beneficiarios de axudas da PAC de tomar medidas para a xestión dos detritos que producen emisións á atmosfera –amoníaco- e nos acuíferos–nitratos-, de acordo coa normativa comunitaria. Aquela normativa abriu un período de excepcionalidade no que o goberno galego non fixo máis que “chutar o balón para diante e queixarse” sen tomar ningunha medida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Censurou que ao goberno galego “isto non lle importa”, por canto aínda non designou designar zonas de nitratos, cando Galicia ten ata 41 puntos sen designar como zonas vulnerables e, segundo o Ministerio, esta Comunidade Autónoma ten evidencias de contaminación significativa nas súas masas de auga.

Reclamoulle ao goberno galego que “tome medidas importantes para adaptarse ás condicións que marca a UE e ir facendo que as granxas gandeiras poidan adaptar a súa forma de traballar a que se cumpra este tipo de cuestións que se marcan dende a UE”.

Explicou que dende a entrada do real decreto “é obrigatorio aplicar de forma localizada ou enterrada os xurros para poder cobrar as axudas da PAC”, e explicou que ata hoxe en Galicia mantéñense excepcionalidades relativas a pendentes, superficies e cultivos. Estas non foron aproveitadas pola Comunidade Autónoma nin polo goberno de Rajoy para introducir novas prácticas que reduzan as emisións e contaminación do solo.