A Xunta destinará axudas para a reconversión de viñedo en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas da Consellería de Medio rural para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. O presuposto distribuirase con medio millón de euros para este ano, 1,25 millóns para 2022 e 1,25 millóns para o ano 2023. O obxecto destas axudas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción e facelos máis sostibles.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia, cuxas viñas se dediquen á produción de uva para vinificación cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa.

AVANTAR ACTIVIDADES

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210330/AnuncioG0426-250321-2_gl.pdf

PUBLICIDADE