O Potiños ofrece nove exposicións fotográficas esta Semana Santa

A Asociación fotográfica O Potiños actualizou as exposicións que teñen en marcha neste intre no Carballiño, co fin de rotar as mostras para que os visitantes destas datas e os veciños poidan desfrutar de todas elas. Así, na Casa do Concello está actualmente a exposición José Luis Montes; no Asador Veracruz, PotiExpo 2020; no Café Peñasco, a mostra Yeray Deporte; no Café Plaza, a exposición Luis Baños New York; as mostras Foto Forum 1 e 2 no Hotel Arenteiro e no Pazo da Almuzara, respectivamente e a PotiExpo 2019, en Don Café. Fora do Carballiño, a asociación conta ca mostra Galicia Baleirada, ubicada en Cosaga, en Ourense; e a mostra Descrenza, no Saviñao, en Lugo.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES