Queixas dos veciños da rúa Evaristo Vaamonde

dav

¿como gastar 40.000 euros de diñeiro público nunha obra e ter a todos insatisfeitos?

O pasado mércores 31 de marzo (Feira no Carballiño) as obras en Evaristo Vaamonde, anunciadas a bombo e platillo polo Concello de O Carballiño para solucionar os problemas de inundacións sufridos por esta rúa, foron cementadas. Entendemos con isto que se da por concluído o groso da intervención (falta recoller o refugallo e limar detalliños estéticos, pero os tubos e as franxas están metidos e pechados respectivamente).

AVANTAR ACTIVIDADES
dav

Lamentablemente, o Xoves Santo (01-04-21) o Carballiño volveu vivir un episodio TORMENTOSO na súa vida cotiá. Evaristo Vaamonde unha vez máis converteuse nun río, con augas fecais a modo de Géiser e ratas saíndo do sumidoiros e fuxindo por diante do supermercado. MOI HIXIÉNICO TODO!!!

As casas, sotos ou garaxes que se inundaban antes das obras seguen inundándose, e garaxes en Eusebio Lorenzo que non se inundaban agora inúndanse. MENUDO PANORAMA!!!

Se arranxas Eusebio Lorenzo e non lle deixas sumidoiros ao longo da rúa para que a auga da choiva se canalice, esta baixa “cual río” polo asfalto, subindo a beirarrúa e penetrando polos buratos mal feitos da obra, inundando garaxes, sotos e o que tope por diante. Seica, a idea era que toda esa auga desbocada se metese ela soíña pola reixa do fondo, sen saírse do rego, “cual catarata do Niágara.”

dav

Evidentemente, esta falta de previsión incrementou o problema de inundacións que se daban en Evaristo Vaamonde, pois agora a auga chega sen control pola Praza da Veracruz e por Eusebio Lorenzo.

A nova idea, propia dun “illuminati,” para disimular a desfeita do arranxo de Eusebio Lorenzo, foi a obra  acometida nas últimas dúas semanas na que se tentaba canalizar a auga da reixa de Eusebio Lorenzo cara a Avenida 25 de Xullo, que por certo, está máis alta que Evaristo Vaamonde (nunca che vin a auga correr costa arriba!). Imos a ser ben pensados e confiar en que alguén supervisaría esa obra e obrigaría a baixar a cota dos tubos para que a auga desaloxase.

POIS BEN, ALGO FALLA, PORQUE O XOVES AQUELO NON ERA UN RÍO, ERA UN TSUNAMI.

Estimados concidadáns do Carballiño, poderán pensar vostedes que falar é fácil, pero debo dicirlles que antes do comezo das devanditas obras tivemos unha conversa co alcalde, no que lle presentamos as dúbidas razoables respecto a esta obra e lle indicamos que non ía a solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde, a razón principal é que para solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde hai que arranxar Evaristo Vaamonde ao completo, e non desviar inutilmente fondos e esforzos sobre 25 de Xullo nin Conde Vallellano.

Espero que o alcalde estea a desfrutar da Semana Santa, algúns de nós non podemos botar pé fóra da casa se queremos evitar 50 cms. de auga nos nosos garaxes.