O comité clínico reúnese hoxe co Irixo no punto de mira e Beade con previsións de alivio

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirá o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias. FOTOS CONCHI PAZ

A situación epidemiolóxica de Galicia mantense estable dende fai varios días, a falla de coñecer o verdadeiro impacto da ponte de Semana Santa e das medidas que se aplicaron durante eses días. A Xunta esperará polo menos unha semana máis para introducir posibles cambios na desescalada, que poderían pasar por ampliar o toque de queda ás 23:00 horas e así ampliar o horario da hostalaría.

Hoxe reúnese o comité clínico, que mañá anunciará os cambios que se producirán nos concellos. Beade, o único en nivel máximo de restricións, podería baixar de nivel ó reducir casos activos e incidencia. O Irixo, ca evolución dos últimos días, podería pasar a nivel máximo de restricións. Cortegada prevese que non cambie de nivel o controlar a situación. O Carballiño e Ribadavia, en nivel medio, poderían manterse na mesma liña ó non ter apenas variacións.

FESTAS EN RIBADAVIA