Nota do PP provincial: ” Nacho Gómez pide aumento de soldo na Deputación por non traballar “

Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, afirma que se quere axudar á provincia “debería pedir que o PSOE retire o recurso que mantén contra os autónomos e empresarios”

Publicidade

O portavoz do grupo provincial do Partido Popular e vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez Dobaño, afirma que o vicevoceiro do grupo socialista, Nacho Gómez “utiliza a demagoxia solicitando a suba salarial para os traballadores da Deputación, cando en realidade o que quere é pedir para el un aumento de soldo, cando é a persoa en nómina de toda a Deputación que menos traballa, pois non pisa o Pazo Provincial en todo o mes e o único que fai e conectarse telematicamente durante o tempo que dura o pleno mensual para desprestixiar a Ourense”. “Ademais -destaca Plácido Álvarez- fai gala unha vez máis da súa ignorancia, pois a suba salarial para os empregados públicos da Deputación está consignada nos orzamentos para 2021, e utiliza o mal momento que están a pasar as persoas por mor da pandemia sendo el un deputado que mantén un recurso contra as axudas a autónomos e empresarios da provincia de Ourense. O que debería facer e pedir que se retire ese recurso”.

Plácido Álvarez, descartou “polo de agora” que a institución provincial vaia aplicar aos empregados públicos da institución a suba salarial permitida nos Orzamentos Xerais do Estado (fixada ata un máximo do 0,9 % do salario). “Nuns momentos de tanta gravidade social as prioridades do goberno provincial son outras, aínda que non se descarta estudar a posible suba no futuro, a cal tería carácter retroactivo, en calquera caso, polo que non ocasiona prexuízo”. Plácido Álvarez sinala que os orzamentos da Deputación para o exercicio de 2021 “xa contemplan unha partida orzamentaria para tal fin que rolda os 260.000 euros”, e explica como exemplo que para o caso dun soldo de 2.000 euros mensuais a suba suporía uns 18 euros ao mes. “A Deputación valora aplicar a suba cando se considere oportuno, é algo que non se descarta”, remarcou.