Hoxe, no mitin celebrado no Parque Náutico de Castrelo de Miño e no que tamén participou José González
Avelino Pazos apostou pola construción dunha residencia de maiores -“para coidar aos nosos maiores e xerar postos de traballo no concello”- e “rematar a tramitación da declaración de augas termais, para poñelas a disposición de inversores interesados na edificación dun hotel balneario”
- O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense resaltou no mitin, celebrado esta tarde no Parque Náutico de Castrelo de Miño, o traballo realizado por Avelino Pazos ao fronte do Concello
- “Avelino Pazos demostrou que merece seguir sendo alcalde de Castrelo de Miño: el pacificou o Concello, colocou as liortas na porta de saída e so pensa en facer e construír un mellor Castrelo de Miño”
- Como balance da súa xestión, Manuel Baltar resalta as “obras desenvolvidas, todas as realidades perfiladas para aproveitar as potencialidades do concello e que poden ser executadas grazas á Deputación de Ourense e a Xunta”
- “O 28 de maio, o horizonte é moi claro: o futuro de Castrelo de Miño chámase Avelino Pazos. Esta é solución para que Castrelo siga sendo un dos concellos referentes non so do Ribeiro senón de Ourense”
- “A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Castrelo de Miño. Sempre. Porque Avelino Pazos e o seu equipo son unha garantía para artellar novas iniciativas transformadoras e tecer liñas de colaboración co goberno provincial ourensán e a Xunta de Galicia”
- O Plan de Mandato 2127″, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia de Castrelo de Miño e toda a comarca do Ribeiro, “con iniciativas estratéxicas para a dinamización económica do medio rural ou a implantación do Plan EnOUturismo”
AVELINO PAZOS: “NO PRÓXIMO MANDATO, CONSOLIDAREMOS A NOSA POSICIÓN DE REFERENTE DOS DEPORTES NÁUTICOS DO INTERIOR”
- O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos
- “Executaremos a primeira fase do proxecto de bombeo do río Miño -cun orzamento de 2,7 millóns- para eliminar definitivamente o problema do arsénico no noso concello”, explicou Avelino Pazos
- Como “medidas fundamentais”, o candidato apostou pola construción “dunha residencia de maiores, para coidar aos nosos maiores e xerar postos de traballo no concello”, ademais de “rematar a tramitación da declaración de augas termais que xa iniciamos para poñelas a disposición de inversores interesados na edificación dun hotel balneario a prol do emprego local”
- “Fundaremos un padroado deportivo-turístico, que coa ampliación do Parque Náutico de Galicia axudará a consolidarnos como referente dos deportes náuticos de interior”, sinalou Avelino Pazos
- “Continuaremos co Plan de Melloras de Viais Municipais, que iniciamos no ano 2020 ata arranxar todas as estradas e camiños do noso concello”, destacou o candidato, ademais de proseguir “o ensanche e mellora da estrada de Astariz a Macendo, da que xa conseguimos licitar a súa primeira fase”
- No apoio ao sector vitivinícola, Avelino Pazos tamén avanzou no mitin a “creación dun polígono agroforestal para poñer máis terreo de viñedo a disposición dos nosos colleiteiros e adegueiros”