Ribadavia baixa ós 4 casos, Cortegada ós 3 e Beade ós dous positivos

Ribadavia baixa hoxe un caso ativo para situarse nos 4 positivos. A capital conta co máximo da comarca, que se mantén en xeral con cifras de contención.

Publicidade

Cortegada conta hoxe con tres casos activos, un menos ca na xornada de onte.  O concello de Beade conta con 2 casos activos, un menos ca onte, conseguindo reducir os 7 casos que o puxeron en alerta e en nivel máximo coma o único en toda Galicia e que hoxe o baixan de nivel.

Os demais concellos, Leiro, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.