O Carballiño entra na convocatoria de auxiliares para a Policía Local

A Xunta convoca o proceso selectivo para cubrir 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos galegos, tan so dous en Ourense e un deles é O Carballiño. Hoxe, o Diario Oficial de Galicia publicaba as bases reguladoras para este procedemento.

Os aspirantes deberán superar os 18 anos e ter o título de educación secundaria e medir máis de 1,65 no caso dos homes e 1,60 nas mulleres. O prazo de solicitude é de 10 días hábiles. O Carballiño recibirá tres novos axentes no segundo semestre do ano. O xefe da Policía, Francisco Valeiras falouno hoxe desta necesidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Policía Local do Carballiño é a única, salvo a da cidade de Ourense, que conta con quendas rotatorias que cubren as 24 horas do día os sete días da semana, un servizo moi necesario e para o que se precisa un plantel que poida rotar.