A dirección do PP e os parlamentarios galegos coordinan a defensa dos intereses ourensáns desde Cámara autonómica

A dirección provincial do Partido Popular e os parlamentarios galegos mantiveron unha reunión de traballo na sede provincial para coordinar a defensa dos intereses ourensáns desde a Cámara galega, encontro no que tamén analizaron os primeiros meses de actividade na presente lexislatura e o grao de execución dos proxectos referidos á provincia e incluídos nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2021.

Publicidade

Na reunión participaron o presidente provincial, Manuel Baltar; o secretario xeral, Rosendo Fernández; o coordinador de política autonómica do comité executivo do PP de Ourense e tamén parlamentario, Miguel Santalices; e os representantes ourensáns no Parlamento galego: Marisol Díaz, Marta Nóvoa, Noelia Pérez, José Antonio Armada, Marta Rodríguez-Vispo e José Luis Ferro.

Manuel Baltar destacou a importancia deste tipo de encontros, “necesarios para unha fluída comunicación e coordinación cos parlamentarios na procura do mellor servizo a todos os ourensáns que representamos”