O comité clínico estuda esta tarde a evolución da pandemia en Galicia e as medidas para o Nadal

Unha semana despois de anunciar as medidas para estas datas de Nadal, o subcomité clínico reuníase hoxe de novo. Ata a xornada de mañá non se farán públicas as súas decisións en rolda de prensa. Neste encontro analizaranse o mapa de peches perimetrais e o plan específico para estas datas. No primeiro dos casos, o debate estará na situación de Santiago, concello que abriu as súas medidas ó mesmo tempo que Ourense pero que volve a estar pechado logo dos datos amosados despois da ponte do mes de decembro. En canto ó Nadal, revisaranse as medidas de acordo cas novas cifras, con posibilidade de endurecerse. A recomendación actual é a de celebrar co grupo de convivencia propio como mellor opción, cun máximo de dous núcleos familiares, ou se fosen máis limitalo a seis persoas sen contar ós menores de 10 anos. O punto que xera expectación é o que se fará en canto a controis de mobilidade.