Unha carballiñesa e profesora en Salamanca, entre os dez mellores docentes de España

A IV edición dos Premios Educa Abanca, presentaron xa a súa listaxe cos 10 mellores docentes de Educación Primaria de España. No noveno posto atópase Cristina Eugenia Novoa Presas, veciña do Carballiño e actualmente profesora no CRA Ribeira de Cañedo, en Salamanca.

Estes premios recoñecen o traballo feito polos docentes durante o curso lectivo e establécense a través da nominación de pais e alumnos dos centros, que son os que escollen ós profesores que entrarán na convocatoria, e que, se aceptan, deberán entregar a documentación do último curso docente o curado para a súa avaliación nun sistema de puntos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os punto que se teñen en conta para esta avaliación está a calidade docente e a satisfacción do alumno e dos seus pais, obtida segundo os cuestionarios cubertos para facer a nominación dos profesores. En segundo lugar, compróbanse as publicacións do último ano feitas polo docente en libros ou revistas, o impacto desas publicacións e a súa participación en investigacións educativas. Tamén se valora a proxección docente e a presencia en redes sociais. No caso de Cristina Novoa, conta cun perfil exclusivamente dedicado á docencia en Twitter, Facebook, Instagram e Linkedin. Ademais, conta cun blog nutrido íntegramente por publicacións propias, Aprender Lengua Viva, que conta con máis de 15.000 visitas e ofrece recursos de todos os ámbitos educativos. A súa traxectora e proxectos xa tiveron presencia nos medios de comunicación, tanto en radio, televisión e periódicos.

Estes premios tamén teñen en conta a formación dos docentes, buscando que estén adaptados ás novas incorporacións que saen cada ano. Cristina Novoa asegura que intenta realizar aproximadamente 15 cursos formativos cada ano, complementando a súa proxecicón con ponencias de formación a outros docentes ou futuros docentes. En canto a formación, búscase estar ó día no uso de novas tecnoloxías, para o que esta carballiñesa tamén conta con expriencia. Coseguiu o proxecto europeo KA229 para o seu centro educativo e viaxou a Canadá grazas ó proxecto de innovación “One do One Observa -acción” do Centro Superior de Formación en Idiomas da Xunta de Castela e León.

Ademais, estes premios teñen en conta a elaboración de proxectos que poñan en funcionamento a cooperación do alumnado. Este ano, a docente carballiñesa finalizou no seu centro un proxecto bianual sobre inclusión e aprendizaxe chamado “Déjame jugar contigo”, proxecto que resultou finalista dos premios Acción Magistral de Castela e León en 2019. Durante a época escolar de pandemia tamén puxeron en marcha o proxecto “Déjame acompañarte jugando”.