O Carballiño, único concello con casos activos de covid, mantén os 4 contaxiados

A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 4. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño que hoxe continúa a ser o único concello da comarca con coronavirus.

Publicidade

O Carballiño rexistra hoxe 4 positivos, a mesma cifra dende onte, cando os contaxios baixaron logo de varios días establecéndose nos 5 positivos.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín, San Cristovo de Cea e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.