Hoxe preséntase no Museo do Viño o libro “As Arquitecturas Históricas do Viño. Polos Ribeiros do Miño e do Avia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A presentación dará comezo ás 18h no Museo do Viño de Galicia no lugar de Camporredondo, en Ribadavia e asistirá o Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo e os autores do libro, membros do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, Juan José Álvarez, Jorge Lamas e Diego Reboredo.

Este libro recolle o patrimonio histórico do viño ao seu paso polo río Miño e polo río Avia, as súas adegas e as súas granxas monásticas. O coordinador da publicación, presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas e historiador Xosé Luis Sobrado indica que comezou a traballar nesta obra hai 20 anos e asemade será a primeira dun recopilatorio mais amplo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO