O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, copresidiron a Xunta Local de Seguridade do Carballiño, na que se analizou a situación de seguridade cidadá no municipio, o Plan Director para a Convivencia nos centros educativos, así como as previsións en materia de seguridade de cara ao período estival e, en especial, á vindeira celebración da Festa do Pulpo 2024.