A compañía Malasombra recibe o premio do público da 34ª edición do FETEGA

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Festival do Teatro Galego fixo hoxe unha valoración da 34.ª edición, celebrada neste mes de decembro por vez primeira. Os resultados foron positivos, con moitos aspectos a ter en conta para repetirse o formato. Aínda así, o seu director Carlos Ledo recalca que o eido cultural precisa unha renovación xeracional para coller impulso.

Dende o concello agradeceron o traballo feito unha vez máis nesta edición e tamén garantiu a continuidade deste festival no Carballiño co seu apoio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto fíxose público o premio Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo deste ano, outorgado polo público entre todas as obras participantes. Neste caso foi a compañía Malasombra, co espectáculo “De algo hai que morrer”, quenes tamén estiveron hoxe para recibir o merecido recoñecemento.