Un estudo analiza a creación dun camiño cultural na Vía Nova

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O autor do estudo, Xosé Antón Díaz, presentou as conclusións do mesmo ao vicepresidente da Deputación de Ourense e aos alcaldes e alcaldesas de Castro Caldelas, Trives, San Xoán de Río, Larouco e A Teixeira

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade de Vigo, foi solicitado pola Deputación de Ourense a petición dos municipios que estaban interesados en definir este camiño cultural e avaliar a súa potencialidade para que se erixa en itinerario do Camiño de Santiago

Un informe de diagnose analiza a posibilidade de crear un camiño cultural na Vía Nova no itinerario: Ponferrada – Puente de Domingo Flórez, O Barco de Valdeorras, A Rúa de Valdeorras, Larouco, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Castro Caldelas, Sober, Chantada, Santiago de Compostela.  O autor deste informe, Xosé Antón Díaz, presentou, na sala de prensa do Pazo Provincial, as conclusións do mesmo ao vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e a alcaldesas e alcaldes da zona: Castro Caldelas, Trives, San Xoán de Río, Larouco e A Teixeira..

O obxectivo do informe é realizar un estudo inicial para tratar de formular e definir a conformación dun Camiño Cultural entre A Rúa, Larouco, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira e Castro Caldelas. O estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade de Vigo pertencentes ás Facultades de Historia e de Turismo e Empresariais do Campus de Ourense, foi solicitado pola Deputación de Ourense a petición dun conxunto de municipios (anteriormente citados) que estaban interesados en definir un camiño cultural e avaliar a súa potencialidade para que se erixa en itinerario do Camiño de Santiago.

As propostas estratéxicas de actuación recollidas no informe van desde definir un programa de acción para tratar de valorizar a importancia deste camiño patrimonio-cultural no ámbito de Galicia e do territorio nacional, ata impulsar un programa de difusión informativa sobre este itinerario do Camiño Cultural, elaborar un Plan de Marketing do Camiño Cultural de referencia, realizar unhas xornadas de traballo para divulgar o interese do estudo realizado sobre o camiño cultural: Vía Nova ou Vía XVIII.

Entre as propostas do informe tamén se atopa realizar mesas redondas de traballo entre os municipios da comarca, a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo, ao público efecto de definir un borrador sobre o itinerario do trazado do Camiño Cultural de referencia. Realizar unha consulta con Patrimonio da Xunta de Galicia e co órgano competente do Ministerio de Cultura para poder inventariar este camiño cultural en razón a súa importancia histórica e de identidade cultural para a comarca e para Galicia.

Por outra banda, o estudo tamén contempla a colaboración da comarca, a Deputación e a Universidade de Vigo para dar visibilidade a este camiño cultural para que sexa considerado nas bases de datos do Ministerio e da Xunta de Galicia, para poder potencialo progresivamente. Ademais, propóñense actuacións municipais para realizar programas activos de sensibilización, preservación, conservación e información do Camiño Cultural resultante, entre outras recomendacións.