VIDEO DA VISTA DE APELACIÓN ( TVG) Premer na Imaxe
As defensas dos dous acusados de asasinar a un amigo preso pola súa herdanza alegan falta de probas
A Sala do Civil e o Penal do TSXG acolleu a vista de apelación contra a sentenza por un crime cometido en agosto de 2018, polo que dous homes foron condenados pola Audiencia Provincial de Ourense a 21 e 20 anos de cárcere respectivamente, como autores do asasinato dun home, ao que lle subtraeron o diñeiro que tiña dunha herdanza.
As defensas dos dous condenados por asasinar a outro home ao que coñeceron cando estaban internos na prisión do Pereiro de Aguiar (Ourense) alegaron este luns que non hai probas contra eles e pediron a absolución.
A defensa do primeiro dos condenados defendeu que se vulneraron o principio de presunción de inocencia en varias cuestións.
A defensa do segundo acusado engadiu que, no seu caso, non se tivo en conta de forma correcta a atenuante de colaboración coa xustiza e asegurou que non existe ningunha proba que o vincule coa morte da vítima.
A Fiscalía, pola súa banda, demandou o mantemento da pena ditada pola Audiencia Provincial, ao entender que é correcta.
O corpo de de Fernando Iglesias Espiño foi atopado catro meses despois, enterrado nunha granxa de pitos en Piñor (Ourense), propiedade da familia dun dos acusados.