O concello prosegue co acondicionamento de 17 rúas do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

O plan de mellora de infraestuturas no casco urbano e no rural do municipio do Carballiño prosigue a bo ritmo co acondicionamento de oito rúas na zona residencial.

Trátase das rúas Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón, que contarán cun novo asfaltado en quente, beirarrúas nalgúns tramos, así como renovación da rede de auga e alcantarillado, tamén nalgúns tramos.

OZOCOgz Deseño Galego

O investimento é de 112.000 euros, que son sufragados íntegramente con fondos do concello.

Así mesmo, este verán acondicionáronse seis rúas na zona de Arcos, que son as rúas Bearíz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro. O proxecto consistiu no asfaltado en quente, así como a renovación da rede de auga. O investimento foi de 119.000 euros, e sufragouse con fondos propios do concello.

Finalmente, en breve comezarán as obras de novo asfaltado e acondicionamento de tres rúas tamén na zona de Arcos, que con as rúas Pico Seco, Pena Grande e Volante. O investimento é de 100.000 euros, que son sufragados con fondos da Deputación Provincial de Ourense.