Desde o Concello de Ribadavia, facemos ondear a bandeira do arco da vella desde fai anos en sinal de apoio, tolerancia, respecto e solidariedade institucional ás persoas #LGTBiQ.
Cremos que a visibilidade desde as institucións é fundamental para vencer os prexiizos e a discriminación.
Todas/os temos os mesmos dereitos e debemos acadar a IGUALDADE REAL entre as persoas nun contrxto de INCLUSIÓN e NON DISCRIMINACIÓN.
Onte, en pleno fixemos pública a Declaración Institucional Polos Dereitos LGTBiQ que recollimos da Fegamp.
