O concello de Leiro oferta unha praza de traballador de servizos múltiples

O concello de Leiro aprobou o día 6 de abril as bases para a contratación dun traballador/a para prestar servizo como peón de servizos múltiples cun contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais).

Publicidade

A duración do contrato será ata fin de obra, aproximadamente dous meses e medio. O lugar e prazo de presentación de instancias será no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h., ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles. As bases completas poden consultarse na páxina web do concello de Leiro http://www.concellodeleiro.com.