
Dende o venres ó domingo pasados, a área sanitaria administrou case 11.000 primeiras doses máis. Delas, 2.500 foron de AstraZéneca para persoas entre os 60 e os 65 anos e 8.225 doses de Pfizer para persoas entre os 75 e os 79 anos.
Esta semana prosegue a campaña de vacinación, tanto nos grandes espazos coma nos centros de saúde. Mañá martes, en Expourense serán vacinadas 3.420 persoas; no centro de saúde do Carballiño están convocadas 135 persoas e no centro de saúde de Ribadavia, 125 persoas.