A unidade de doazón de sangue estará mañá no Carballiño

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase mañá ata o Carballiño. Estará dende as 10:00 horas ata as 15:00 horasubicado na Praza do Emigrante, Pista Vermella.

Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.