O concello de Ribadavia ven de aprobar a oferta de varios postos na Praza de Abastos. O seu interese máximo é o de aumentar o número de postos en funcionamento, garantindo a súa vez que continúe coa excelente prestación do servizo aos veciños que supón a nosa praza de abastos.
A intención do Concello é que se ocupe algún posto dos que están libres co obxectivo de dinamizar o mercado e dar a oportunidade a que novos emprendedores e proxectos conten con un espazo. As ofertas poderán presentarse no rexistro do concello de Ribadavia, en horario de atención ao público, dentro do prazo de quince días desde a súa publicación.
Os postos ofertados son doce (12), distribuidos entre a planta baixa e o semisotano. A forma de adxudicación da concesión será o procedemento aberto, no que todo interesado poderá presentar unha proposición.
– Os postos ofertados son DOCE:
1. Na Planta semisótano : Números 4,8,9,10,14,15,18,19,20
2. Na Planta baixa : Números 15,16,18.
– A forma de adxudicación da concesión será o procedemento aberto, no que todo interesado poderá presentarse.
– O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e os presentes pregos exporanse na páxina web do concello de Ribadavia.
– As taxas a abonar serán as indicadas no artigo 2 da Ordenanza reguladora da Taxa denominada Mercados, Ordenanza Fiscal nº 10, e varían en función do tamaño e ubicación, así:
1. Planta semisótano , Postos 4 e 8: 60,10 euros/mes. Posto 9: 32,15 euros/mes. Postos 10,14,15,18,19,20 : 48,08 euros / mes.
2. Planta baixa: Postos 15,16,18 : 48,08 euros/mes.
Desde o Concello queren ofrecer este espazo centrico e referencial no comercio local, e que é unha boa oportunidade para novos emprender un negocio. Ademais de fixándonse como obxectivo que que novos negocios se instalen na Praza de Abastos, desde o Concello teñen a intención de proceder a realizar pequenas melloras de cara a súa dinamización e a dos propios postos do mercado.