Aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de San Cristovo de Cea

As Escolas Deportivas de San Cristovo de Cea, creadas este ano, abren o seu prazo de inscrición. Trátase dunha iniciativa en favor dos hábitos saudables para os cativos e das relacións sociais.

Para pedir máis información ou formalizar a inscrición deberán facelo no teléfono 672 122 300.

AVANTAR ACTIVIDADES

No pasado mes de agosto, tiveron lugar varias xornadas de portas abertas no Lodairo, que acolleron a preto de 60 rapaces. A intención da directiva é a de crear o máximo de equipos de diferentes categorías en función dos nenos que se anoten.