Un operario do polígono resulta ferido ó caerlle unha peza metálica nunha extremidade

Un operario foi trasladado en helicóptero medicalizado ata o Hospital de Ourense despois de caerlle enriba unha peza metálica de grandes dimensións mentres traballaba no polígono industrial da Uceira. O 112 recibiu a alerta ás 09:00 horas desta mañá, cando o alertante solicitaba axuda médica para un traballador que fora golpeado nunha extremidade por unha peza metálica de dous metros de diámetro. O 112 solicitou a participación dos bombeiros do Carballiño, ante a posibilidade de que o traballador se atopase atrapado.